Sunday, November 30, 2014

Ensino Inglés para...


Na primeira sesión con Carlos falamos basicamente da situación de ensino das linguas estranxeiras. Deste xeito temos que falar dos distintos contextos de adquisición das linguas:
  • Lingua inicial: primeira lingua que se aprende. É a lingua natal, o termo lingua materna resulta un pouco confuso, xa que non reflicte todo o abano de posibilidades (a nai pode non estar presente).
  • Lingua segunda: adquirida despois da lingua inicial. É a lingua ambiental.
  • Lingua estranxeira: non é nin a inicial nin a segunda. Adquírese no contexto escolar.


Ademáis do contexto de adquisición, existe o contexto de uso, é dicir, en qué situacións se usa cada lingua:
  • Lingua habitual: utilizada na maioría dos contextos.
  • Lingua de traballo: utilizada como medio de comunicación nunha empresa.
  • Lingua vehicular: utilizada como medio de comunicación entre falantes de linguas diferentes.
Por outra banda temos o repertorio lingüístico, que é o conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou comunidade de falantes. Así temos a comunidade lingüística, que é a comunidade de falantes que comparten un mesmo repertorio lingüístico e a comunidade de lingua, que é a comunidade de falantes que comparten o coñecemento e o uso dunha lingua ou variedade lingüística.


No que se refire á didáctica das linguas temos como obxectivo enriquecer o repertorio lingüístico do alumnado e cohesionar unha comunidade lingüística. Os diferentes tipos son:
  • Didáctica da lingua inicial (EMT: English as a Mother Tongue)
  • Didáctica da lingua segunda (ESL: English as a Second Language)
  • Didáctica da lingua estranxeira (EFL: English as a Foreign Language)

Hai que ter en conta todo isto, e ademáis como xa comentei nunha entrada anterior, hai que ter moi presente o que facemos en todo momento, xa que non é o mesmo ensinar unha lingua estranxeira en España ou en Eslovenia, por exemplo. Por certo, noutra entrada comentarei a miña experiencia coas linguas en Eslovenia.

Ata outra!

1 comment:

  1. Me interesa mucho la situación del cole en el que trabajas. Deduzco que, al ser un cole británico, habrá niños para los que el inglés sea su Lengua Primera, habrá algunos para los que sea lengua segunda. Lo que está claro es que es lengua vehicular y lengua "de trabajo". ¿Cómo influye el contexto lingüístico de los niños en sus casas con el uso del idioma en la escuela?

    ¡Gracias!

    ReplyDelete