A segunda sesión con Carlos xirou ao redor das variables que conforman o ensino de linguas.
Todo vai depender de a quén se lle vai ensinar unha lingua. Por iso temos que ter en conta:
- Ensino de L.E. en idades precoces
- Ensino de L.E. no ensino secundario
- Ensino de L.E. na formación profesional
- Ensino de L.E. nas E.O.Is
- Ensino de L.E. a seniors
- Ensino do castelán como L.E.
Existen diferentes situacións de ensino e cómo cada unha delas afecta de maneira diferente. As variables das que falamos son:
- CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO
- Idade. A idade é un dos factores máis importantes. Puren, falaba da mellor idade para aprender unha lingua.
- Existen diferentes graos de maturidade, desenvolvemento cognitivo e capacidade de análise, reflexión e formalización.
- Hai diferentes etapas na aprendizaxe dunha L.E.
- Na idade ideal é interesante facer audicións e poñer música. Esta idade é a base, traballar as curvas entoativas, mediante o "baby talk", esaxerando as palabras e entoando a lingua inicial é fundamental. Serían necesarias dúas sesións de vinte minutos semanais para asentar as bases da lingua estranxeira.
- Na idade gloriosa é fundamental que as linguas se aprendan en comunidade.
- Na idade crítica o cerebro empeza a cambiar. É un período de reorganización receptiva.
- No limiar fatídico as conexións neuronais fosilízanse e as imitacións fonéticas son menos eficientes. A lingua inicial convértese nun filtro.
- No referente á idade adulta, obsérvanse algunas diferencias entre a aprendizaxe infantil e adulta.
- As diferentes etapas na adquisición dunha L.E. son a adquisición do léxico, entoación e fonética (comunicación primordial), adquisición da gramática (importancia da corrección) e adquisición das regras socioculturais (ironía, sarcasmo, segundas intencións...)
- Lingua inicial. Lingua de saída vs lingua de chegada
- Dende un punto de vista estructural podemos falar de linguas aglutinantes e linguas analíticas. É moi importante coñecer a lingua inicial para recoñecer os posibles erros dos alumnos, e así determinar a súa orixe e ter en conta as limitacións existentes para conseguir unha mellora na ensinanza de L.E.
- Ademáis, débese ter en conta a familia lingüística coa que se traballa e deste xeito poder delimitar o que alumno pode chegar a entender e o que non.
![]() |
C: O que o alumno non chega a
antender
B: O que o alumno
pode entender
A: O que o alumno
xa sabe
|
- En relación con isto, débese ter un concepto de interlingua xa que sempre hai un contacto entre a lingua incial e a lingua estranxeira.
- Os posibles erros non deben ser considerados coma faltas nin se deben estigmatizar, senón que deben servir como exemplo de superación e de mellora. O proceso de chegar a falar unha lingua estranxeira é moi longo e debemos guiar ao alumno mediante os seus erros e facer que nos vexan coma un exemplo a seguir. É dicir, que entendan que unha persoa non nativa chegue a dominar unha lingua estranxeira, sérvelles aos alumnos como unha meta a seguir e unha guía para que vexan que se poder alcanzar.
- CARACTERÍSTICAS DO CENTRO
- Aquí subdivídense en se o centro é público, concertado ou privado.
- Tamén é importante falar da tradición pedagóxica que ten cada centro, xa que non é o mesmo ensinar unha lingua estranxeira dende un enfoque basicamente gramatical ou dende un enfoque máis comunicativo.
- Ademáis a relación profesor-alumno vai repercutir no ensino de L.E.
- OBXECTIVOS
- É importante que a administración, o centro de ensino e o docente teñan uns obxectivos e uns contidos ben delimitados para segundo os niveis de concreción curricular.
Saúdos!


No comments:
Post a Comment