Esta entrada
vai tratar de diversos temas entre os que están; a motivación, a
aptitude e a multicompetencia. Ademáis tamén se trata o tema da
avaliación das diferentes actividades.
Motivámonos? É unha ledicia realizar este máster a estas alturas e non antes, xa que se o fixera cando acabei a carreira posiblemente non tería a oportunidade de coñecer todo o que estou a descubrir agora. Ademáis, como se dixo na clase, hai un antes e un despois no tema da motivación. O que está claro, é que a motivación é un tema de calidade e non de cantidade.
Foi interesante descubrir cómo se pode averiguar qué tipo de motivación ten o noso alumnado mediante actividades escritas diversas. A verdade é que é un tema superinteresante que da para moitísimo, pero soamente lle puidemos dar unha pasada rápida debido a falta de tempo. Foron tres os autores que Gonzalo decidiu incluir na súa presentación:
- Cook di que o estado está composto dunha mente con dúas gramáticas no referente á aptitude
- Dörnyei fala dunha motivación dinámica
- Ortega fala dunha calidade na motivación
Así pois, falamos de varios tipos de motivacións nos estudantes; intrínseca, integradora, identificada, extrínseca... e aqueles que carecen de motivación? Pois traballar e traballar para reforzar ese algo neles que os faga merecedores das ganas por aprender, sexa como sexa, motivalos para que sintan que o poden facer.
Dörnyei fala tamén dos mandamentos da motivación:
Dörnyei fala tamén dos mandamentos da motivación:
- Crear as condicións básicas motivadoras
- Animar á autoavaliación
- Xerar a motivación inicial
- Manter e protexer a motivación
Son moitos os factores que afectan á hora de posuir aptitudes para as linguas; si é certo que o talento natural ten cabida á hora de falar unha lingua pero tamén hai outros factores que inflúen como por exemplo o talento verbal na lingua 1, a memoria e a habilidade analítica tamén son importantes. Pódese dicir que a aptitude é unha cuestión multidimensional, existen diferentes perfís para valorar as aptitudes do falante.
No referente á multicompetencia, hai moitos postulados que afirman que a competencia é diferente.
Nativo vs Non -nativo
Que nos fai pensar que un nativo pode ensinar mellor unha lingua estranxeira que alguén que non o é? Desgraciadamente, lidio con iso tódolos días no meu traballo. Deixádeme que me explique, non quero dicir, que non teña opción a ensinar a alumnos polo simple feito de non ser nativa, o que ocorre é que ao ser un colexio británico, teñen a obriga de que os profesores titulares sexan nativos ou os seus estudos estean convalidados en universidades estranxeiras. Ao ter información de primeira man podo facer a miña opinión ao respecto: como xa comentei na clase cando falamos deste tema, un profesor nativo non pode entender a orixe dos erros que comete o estudante cando fala en inglés, xa que moitos deles son xiros traducidos literalmente do castelán ou do galego que o profesor nativo descoñece. O feito de que o profesor non sexa nativo e posúa ese coñecemento da lingua estranxeira, fai pensar ao alumno que el ou ela tamén poden chegar a falar a lingua igual que o seu profesor. Estas son algunhas das vantaxes que ten ser profesor de linguas estranxeiras non nativo. Non é que desprestixie o labor dos profesores nativos, pero como toca directamente no meu terreo, teño que dar razóns de peso para defender o que eu disfruto ensinando!
Unha vez lin un artigo que me abriu algo máis os ollos e me inspirou confianza para seguir adiante. Botádelle unha ollada porque paga a pena. Titúlase 'Por qué un español puede ser mejor profesor de inglés que un nativo'.
Para rematar, as presentacións das compañeiras que aínda que foron as últimas, non deixaron de ser super entretidas e interesantes. Elisa falou sobre a multicompetencia na aprendizaxe de linguas estranxeiras, Adriana que comentou sobre a fiabilidade a validez das probas de nivel e Violeta que falou sobre a fiabilidade, validez e obxectividade á hora de avaliar.
Unha vez lin un artigo que me abriu algo máis os ollos e me inspirou confianza para seguir adiante. Botádelle unha ollada porque paga a pena. Titúlase 'Por qué un español puede ser mejor profesor de inglés que un nativo'.
Para rematar, as presentacións das compañeiras que aínda que foron as últimas, non deixaron de ser super entretidas e interesantes. Elisa falou sobre a multicompetencia na aprendizaxe de linguas estranxeiras, Adriana que comentou sobre a fiabilidade a validez das probas de nivel e Violeta que falou sobre a fiabilidade, validez e obxectividade á hora de avaliar.







