Saturday, January 31, 2015

Falamos?

Permitídeme que comece tamén esta entrada con outra frase de Walter Loban, defensor da ensinanza da linguaxe oral: "Please in the name of all that is good in language and thinking, please let the children talk. Let them talk a great deal", 'facede o favor en nome de tódalas cousas boas da lingua e do pensamento, por favor deixade falar aos nenos. Deixádeos que falen canto queiran'.



Claro está que se non deixamos falar aos nosos alumnos, a súa capacidade de expresión oral non vai mellorar. Por iso é tan importante ter moitos aspectos en conta á hora de traballar na expresión oral.

Como se viu na clase, existen a grandes rasgos dous tipos de actividades e estratexias: por un lado temos as de expresión oral en si, e por outro lado as de interacción oral. 

Para romper o xeo, partimos das nosas ideas sobre como realizar diferentes tarefas e para iso tivemos que identificar qué obxectivos se buscaban para as actividades que se nos formulaban.


Gustoume en concreto cando falamos sobre as diferentes maneiras de compensar as dificultades. Moitas veces, os alumnos atópanse con problemas cando teñen que falar e é a nosa labor é identificar a orixe desas carencias e poñerlles solución canto antes mellor. A este respecto falamos de:
  •  coñecemento insuficiente do sistema lingüístico: o alumno atopa lagoas á hora de comunicarse por falta de exposición á lingua ou falta de recursos
  • a falta de fluidez: moitas veces non se lle ofrece ao alumno o tempo suficiente para que se desenvolva na súa expresión oral
  • confianza excesiva nestas estratexias: cando se lle da todo o peso ás anteriores características e iso pode crear unha fosilización da lingua
  • fosilización: ás veces resulta complicado emendar un erro que quedou fosilizado durante anos debido a que non se atallou a tempo.
A pesar de todo o dito ata agora, un dos factores que máis afecta no falante da lingua estranxeira é o factor afectivo. O falante pode carecer de seguridade ou confianza e non importa canto coñecemento ou destreza na lingua estranxeira teña, se lle falta seguridade ou confianza, a súa producción oral verase mermada.
 
Para rematar esta entrada, quero comentar que sobre as distintas maneiras que existen para activar o coñecemento e as destrezas da lingua versaron as presentacións das miñas compañeiras. Neste caso foron Cristina Fernández que falou sobre a toma de conciencia na teoría cognitivista, Alicia que se centrou na apropiación na teoría sociocultural e Laura García que falou da automatización tamén na teoría cognitivista.

No comments:

Post a Comment