Sunday, January 4, 2015

Comprensión oral e outros cantares

Por qué é tan importante a comprensión oral? A frase de Walter Loban, que Gonzalo incluiu na súa clase, paréceme perfecta para esta ocasión. 
 
"We listen to the equivalent of a book a day, talk the equivalent of a book a week, read the equivalent of a book a month, and write the equivalent of a book a year", que vén dicindo que 'escoitamos un libro ao día, falamos un libro á semana, lemos un libro ao mes e escribimos un libro ao ano'. 
A importancia da comprensión oral queda patente na frase anterior e hai que ter en conta que moitas veces as actividades que se realizan na clase, non só engloban unha soa destreza senón que abarcan dúas destrexas, e deste xeito non estamos a ser imparciais cos nosos estudantes.

É curioso que sendo en teoría esta a destreza máis utilizada, é coa cal os estudantes se sinten máis inseguros e quizáis unha das razóns polas que isto ocorre é porque non se está a facer este proceso de maneira eficiente. Disto versou esta segunda sesión de Gonzalo, onde primeiramente falou das vantaxes e das feblezas do método actual da comprensión oral e a seguir ofreceu unha proposta alternativa de John Field no seu libro Listening in the Language Classroom. O certo é que a maioría de nós coincidimos en que resulta pouco 'natural' o feito de repetir unha e outra vez a audición para descodificala a diferentes niveis e comprender o que se di na audición dende o nivel fónico ata o nivel da entoación.

Ademáis diso, a comprensión oral ten un punto fraco, i é que nós coma profesores, non podemos saber qué grao de comprensión oral adquire o alumno se non é por medio da expresión ou comprensión escrita ou da expresión oral. No que todos coincidimos na clase, é que as escoitas ou 'listenings' que se fan na clase soen ser bastante artificiais e non se adecúan á realidade.

Permitídeme que vos mostre a maneira que teño ou tiña eu de facer os 'listenings' cos meus alumnos (xa decidirei máis adiante se cambio o enfoque ou non). Estoume a referir a audicións de cancións, evidentemente xa non son escoitas cotiás pero son audicións en si.

1. Primeiramente antes de lles dar ningunha folla de exercicios, facían unha primeira audición da canción sen pausas. Isto dáballes tempo de se familiarizar coa canción, a entoación, a pronunciación...

2. A seguir, comentaban o que entenderan desa primeira audición.

3. Entregáballes a folla de exercicios. Incluín unha das cancións que realicei con eles e neste caso, podedes observar que antes da primeira audición o alumno debe facer os exercicios 2 e 4, con que neste caso xa non só se trata dun exercicio de comprensión oral, senón que engloba tamén parte de expresión e comprensión escrita.






4. Volvíase facer outra audición, pero esta vez, ía parando verso a verso para que ao alumno lle dera tempo de completar o exercicio. Fanse as audicións que o profesor estime oportunas (ao contrario do que se viu en clase, onde as audicións se fan todas de seguido).

5. Unha vez que o alumno tiña tódolos execicios completados, preguntábaselle se tiña algunha dúbida de vocabulario ou expresión que lle resultara máis complexa.

6. Para rematar, volvíase facer outra audición, pero esta vez, invitábase ao alumno a que cantara ou alomenos seguira a canción, xesto que lle facía recoñocer entoacións e pronunciacións da lingua oral de forma inconsciente.

Aquí tendes un enlace dunha páxina onde explica o porqué do uso de cancións na lingua estranxeira. Se nón me engano, houbo alguén que xa engadiu este enlace nunha das súas entradas, pero pareceume interesante engadilo aquí tamén.

Se ben é certo, que a maneira en que facía eu as audicións cos meus alumnos non sexa a máis acertada, dábame bastantes bos resultados.

Por último, non me esquezo de engadir o enlace a entrada que fixo Adriana sobre a comprensión oral, onde aporta moitas ideas para engadir ao repertorio da comprensión oral.

Engado tamén os enlaces das presentacións das miñas compañeiras Isabel, Eva e Ana, sobre diferentes aspectos relacionados coa comprensión oral.

Un saúdo e feliz ano compis!

No comments:

Post a Comment