Saturday, January 3, 2015

Writing and More

Antes de nada gustaríame facer unha pequena apreciación en relación a estas entradas etiquetadas baixo o nome de Gonzalo Constenla. Sempre vai existir un punto en común entre todas elas e como ben dixo Gonzalo "non se pode ensinar o que non aprendemos ben",  é por iso para iso que estamos aquí, sacando proveito ou alomenos intentando sacar, de cada clase e de cada aspecto novo que nos aprenden no máster.

Dito o cal, esta primeira entrada versa sobre a tan polémica ensinanza da expresión escrita. Na súa clase, Gonzalo deunos unha copia de exercicios sobre a lingua oral e escrita que me resultaron bastante útiles (sendo franca, ao principio custoume collerlles o punto), pero puiden sacar boas ideas e reflexionar sobre actividades feitas cos meus alumnos antes de realizar este máster. Falouse tamén do ensino da expresión escrita coma un produto ou proceso e é deste último do que me gustaría falar sobre a experiencia que teño como profesora.

Botando a vista atrás, tento recordar as clases de instituto sobre aspectos relacionados sobre a escrita, e curiosamente, non me vén nada a cabeza do que poder comentar. Quererá isto dicir que este campo brillou pola súa ausencia ou quizáis non foi algo que me marcou? Sexa como for, si recordo os meus anos como profesora na academia de inglés, cando preparaba a estudantes para o exame de Trinity, onde a partir dun certo nivel debían preparar un 'topic' do que tiñan que falar e contestar ás preguntas do examinador. Para iso, os alumnos escribían unha redacción sobre un tema en concreto do que despois tiñan que conversar. O que facían basicamente era ordear as ideas das que querían falar para que no día do exame, o examinador simplemente preguntara por un aspecto en concreto e ahí o alumno facía a súa exposición que previamente tivera escrita. Isto axudáballes a eles non só a poder falar sobre un determinado tema en concreto, senón que tamén facían unha idea do que se lles pide á hora de facer unha redacción. As guías que lles dabamos eran moi concretas: tiñan que mediante un 'bubble map' incluir as ideas das que querían falar. Se por exemplo, o alumno era un grao 4 tiña que inlcuir catro ideas, se era un grao 7, sete eran as ideas sobre as que ía escribir.


Unha vez que tiñan feito iso, pasaban á segunda fase de redacción de cada unha das ideas. Para iso tamén lles dabamos una plantilla sobre a que traballar. Evidentemente isto levaba varias clases, e sempre se procuraba non botar máis de quince minutos en cada clase co 'topic' por varias razóns, basicamente para que non aborreceran a tarefa (xa que non soe ser moi exitosa) e porque pretendiamos cubrir máis aspectos da lingua como a comprensión ou a expresión oral mediante xogos e actividades variadas.



Unha vez que tiñan desenvolvidas todas as ideas, escribían un parágrafo a modo de introducción e outro a modo de conclusión. Para os graos máis baixos, ámbolos dous parágrafos constaban basicamente dunha ou dúas frases descriptivas referentes ao tema do que trababan.

Evidentemente, era un traballo duro, xa que cada vez que se traballaba algo na clase, os profesores tiñamos que revisar na casa o que se fixera na clase e ofrecer ese feedback do que falaba Gonzalo e Cristina na súa exposición, para volver entregar ao alumno na clase seguinte. Moitas das veces que se lle entregaban as correccións ao alumno, este facía caso omiso das mesmas, e había que buscar a maneira de que revisasen as correccións, pero iso xa é outro cantar.

Por último, o alumno escribía todas as ideas seguindo unha orde concreta e desta maneira conseguía escribir unha redaccion sobre un tema do que ía falar. Quizais, profundizando un pouco sobre o tema, o proceso que se levaba a cabo para ao fin simplemente facer unha exposición oral, fose un pouco arduo e demasiado longo, pero os resultados que se obtiñan eran moi positivos.

Quixen compartir convosco esta experiencia, porque se callar, poderíase utilizar no proceso de aprendizaxe da expresión escrita, xa que baixo a miña opinión, canto máis pautas se lles dean aos estudantes, mellores resultados acadarán non só no proceso da expresión escrita, senón en todos os demáis tamén.

Non quería rematar esta entrada sen antes engandir os enlaces das fantásticas entradas que fixeron Alejandra e Aida sobre as súas presentacións todas elas sobre temas relacionados co ensino da expresión escrita.

No comments:

Post a Comment