Antes era o OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos), agora é o SEPIE (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación). En realidade, ben a querer ser o mesmo, ainda que agora parece que está todo máis centralizado no chamado Erasmus +. Este tipo de programas pretenden a integración para a educación e a formación, non só dos estudantes senón tamén dos docentes, e para iso hai unha serie de ofertas para que facilitan a educación e a inclusión, así como a colaboración entre países europeos para mellorar a calidade na educación. Ata aquí todo parece estupendo, pero sinto ter que ser algo escéptica no que se refire á integración europea. Explícome: tendo visto e requetevisto o informe PISA, comparando as tasas de abandono escolar e recentemente vendo nas noticias se é positivo ou non que os alumnos leven tarefas para casa, o noso país está algo lonxe de se igualar aos países que lideran as listas en tema educativo. Se pretendemos mellorar, colaborar e aprender dos nosos 'colegas' europeos, penso que tamén se deberían ter en conta esas normas nas reformas educativas, sen embargo sen ir máis lonxe da realidade aínda estamos algo lonxe de acadar resultados similares dos países líderes que, como Finlandia, teñen do mellorciño en educación europea. Esperemos que pouco a pouco isto vaia cambiando e se teñan algo máis en conta a opinión dos profesionais do sector.
Ademáis na sesión deste tema, Gonzalo obsequiounos cun magnífico regalo: o Portfolio Europeo das Linguas!
Ademáis na sesión deste tema, Gonzalo obsequiounos cun magnífico regalo: o Portfolio Europeo das Linguas!
Con el, poderemos facer constar as nosas capacidades, certificado e experiencias propias relacionadas coas linguas. Ademáis, é importante que se coñeza de primeira man, xa que os alumnos están familiarizados con el, alomenos os alumnos cos que vou facer as prácticas.
Para rematar, comentarei un pouco sobre as presentacións das miñas compañeiras. Foron esta vez Marta e Sabela, as encargadas de exponer sobre distintos programas. Marta falou sobre e-Twinning,
un programa da Comisión Europea que consiste basicamente na
colaboración entre distintos centros escolares europeos para fins académicos. Sabela falou de Popullar, un programa no que se trata de que os alumnos graben unha canción con letra escrita por eles mesmos na lingua estranxeira meta.
No comments:
Post a Comment