Sunday, November 16, 2014

One, Two, Three... This Is Me

Dende que rematei a carreira de tradución e interpretación, todavía non tiña de todo claro o que quería ser na miña andaina profesional. Como case tod@s, de pequena pasei polas fases de querer traballar nunha perruquería, quixen ser desas patinadoras que van de caixa en caixa facendo recados nos supermercados, tamén quixen ser veterinaria... E por suposto tamén tiven a miña fase de querer ser profesora.

Recordo que facía roleplaying coa miña irmá e a pobre sempre marchaba enfadada porque eu era desas profesoras estrictas e 'mari mandonas' que sacaban de quicio a calquera. Hoxe en día, xa non son dese tipo, por sorte, para min e para os nen@s!

Pois ao fin, aquí estou, realizando este master con moita ilusión e con moitas ganas de volver a ser estudante. Sen ir máis lonxe, hoxe pola tarde animeime a 'tunear' a miña carpeta para os apuntes do módulo específico.
Mirade cómo me quedou!



Estou super orgullosa e contenta de estar aprendendo do que xa levo exercendo máis dunha década, pero diso xa falarei noutro momento

Vémonos!

Andrea

2 comments:

  1. Andrea, sinto decirte que as libretas ya non están en boga, ¡que estamos na era dixital! o blog será o teu caderno de viaxe...

    ReplyDelete
    Replies
    1. Creo que xa me din de conta cando tiven que crear este blog! ;-)

      Delete