Dende que rematei a carreira de tradución e interpretación, todavía non tiña de todo claro o que quería ser na miña andaina profesional. Como case tod@s, de pequena pasei polas fases de querer traballar nunha perruquería, quixen ser desas patinadoras que van de caixa en caixa facendo recados nos supermercados, tamén quixen ser veterinaria... E por suposto tamén tiven a miña fase de querer ser profesora.
Recordo que facía roleplaying coa miña irmá e a pobre sempre marchaba enfadada porque eu era desas profesoras estrictas e 'mari mandonas' que sacaban de quicio a calquera. Hoxe en día, xa non son dese tipo, por sorte, para min e para os nen@s!
Pois ao fin, aquí estou, realizando este master con moita ilusión e con moitas ganas de volver a ser estudante. Sen ir máis lonxe, hoxe pola tarde animeime a 'tunear' a miña carpeta para os apuntes do módulo específico.
Mirade cómo me quedou!
Estou super orgullosa e contenta de estar aprendendo do que xa levo exercendo máis dunha década, pero diso xa falarei noutro momento
Vémonos!
Andrea
Andrea, sinto decirte que as libretas ya non están en boga, ¡que estamos na era dixital! o blog será o teu caderno de viaxe...
ReplyDeleteCreo que xa me din de conta cando tiven que crear este blog! ;-)
Delete