Sunday, November 30, 2014

A voltas coa planificación

A clase desta semana, a pesar de que eu non estaba ao cen por cento, resolveume incógnitas que tiña relacionadas coa sempre latente 'unidade didáctica'.

Érase unha vez unha profesora a quen lle gustaba falar de vanalidades e pola contra non lle gustaba ensinar, ou a lo menos, iso daba a entender...

Agora non é tempo dese conto, pero si do conto da clase que tivemos con Carlos. Como non podía ser doutra maneira cheguei tarde (por cuestións de traballo e de cafeína, non me xulguedes mal), pero a tempo para escoitar a historia da unidade didáctica. Un exercicio que me pareceu moi efectivo foi recapitular as partes dunha unidade didáctica, Carlos soubo levarnos por onde el quería e ao final dividimos a unidade nas súas partes, coa super participación de Aida, You go Girl!

O feito de non ter tiza e usar o ordenador xunto co proxector, pareceume unha grande idea, que nós, no futuro, tamén podemos por en práctica, se se dera o caso.

Pois ben, así quedaría unha unidade didáctica dividida nas súas partes:
  • Xustificación
    • Marco legal
  • Contextualización
    • Curso
    • Contexto temporal
    • Características
    • Contorno do centro
    • Características do alumnado
  •  Atención á diversidade. NEE (Necesidades Educativas Especiales) en inglés SEN (Students Educational Needs)
    • Casos concretos
    • Medidas de adaptación curricular
  • Obxectivos
  • Contidos/Competencias
  • Contidos mínimos (veñen no currículo)
  • Metodoloxía (suxerencias no currículo)
  • Recursos
  • Actividades
  • Avaliación
En referencia a isto mesmo, tamén se comentou que á hora de opositar non é aconsellable facer ningún tipo de táboa na programación que se vaia presentar, isto é, facer unha relación dos obxectivos, contidos e actividades, por exemplo. A verdade, e que non estou de acordo con iso, xa que baixo o meu punto de vista, serve como axuda visual á hora de avaliar e tamén serve de gran axuda para o profesor cando teña que realizar calqueira actividade na aula.

Para presentar como planificar e programar, o profesor utilizou un programa novo para min, prezi do que xa son fan e usuaria a nivel básico. Na presentación, explicábanse cáles son as partes da programación:
  • Programación didáctica (orientacións xerais para a materia no centro)
  • Programación de aula (actuacións máis concretas para o grupo de alumnos)
Así mesmo, no currículo, é moi importante coñecer as catro fontes de programación, que son fundamentais para que exerzamos o noso futuro labor de maneira correcta:
  • Fonte didáctica, tamén denominada pedagóxica se non me equivoco (consultar documentos oficiais)
  • Fonte psicolóxia (coñecer as características psicoevolutivas do alumnado)
  • Fonte sociolóxica (coñecer as características do contorno socioeconómico)
  • Fonte epistemolóxica (coñecer os contidos específicos da materia ou área)
Como parte final da sesión, Carlos comentou que a administración ofrece unahs orientacións, pero despois a realidade é outra. Se todos os docentes seguisen unhas pautas establecidas, penso que moito mellor iría a educación hoxe en día. Se cada un fai según mellor se veña, un dos maiores perxudicados vai ser o alumno.

Para rematar, traballo de campo! O meu favorito ;-) ironía... Búsqueda dunha unidade didáctica real dun centro, ler a programación e comentala ofrecendo o noso punto de vista sobre partes coas que estamos de acordo e outras partes coas que non concordamos.
 E ata aquí a miña visión sobre esta sesión do 26 de novembro.

6 comments:

  1. Bo resumo de clase!! Moi útil me vai ser o teu esquema das partes da unidade didáctica porque a tiña incompleta! Moitas grazas!

    ReplyDelete
    Replies
    1. Moitas grazas a ti polo teu comentario, Laura!

      Delete
  2. Muy buen resumen, sí señor, hasta con un poco de ironía, como a mí me gusta ;) la verdad es que estas entradas están muy bien para repasar y saber si has anotado todo lo importante o qué es lo que te falta.

    Un saludo

    ReplyDelete
  3. Gracias, Andrea! Incredible as it might seem... quedounos máis clara a estructura da unidade didáctica nesta materia que na materia de diseño curricular.

    ReplyDelete